Carlos Velo 2, 1º andar · 32500 O Carballiño 988530011 carballinocca@gmail.com comerciocarballino.org

PASARELA DO COMERCIO

Creado por Webmaster / 30 Abril, 2015 / Home @es, novas / Comentarios desactivados

Outro ano máis, O Carballiño converterase no referente da moda na provincia coa celebración dunha nova edición da Pasarela do Comercio.

Daranse cita 25 establecementos de diferentes sectores  para mostrar nun evento conxunto de ocio e diversión a súa oferta de nova tempada.

O evento celebrarase o vindeiro 29 de maio  na Praza da Veracruz a partires das 22:00, no que haberá premios e sorpresas para tódolos públicos.

Os presentadores que conducirán a gala son a carballiñesa Iria Sobrado, actriz da serie Pazo de Familia e Rafa Durán presentador en varios programas de Telecinco.cca2