Carlos Velo 2, 1º andar · 32500 O Carballiño 988530011 carballinocca@gmail.com comerciocarballino.org

Nova Campaña polo día dos namorados.

Creado por Webmaster / 6 Febreiro, 2017 / novas / Comentarios desactivados

A Asociación Carballiño-Centro Comercial Aberto organiza esta semana unha campaña de animación as ventas, aproveitando a celebración do Día dos Namorados, que se chama “Namórate no Carballiño Centro Comercial Aberto”. Os establecementos asociados con cada compra realizada farán entrega dun boleto a cubrir polo cliente e a depositar na urna habilitada a tal efecto na Rúa Principal ( a altura do cruce do semáforo) desde o día 6 ata o 14 de febreiro.. Os premios que se reparten nesta ocasión son tres ceas en parella no restaurante asociado ao CCA que escollan e unha experiencia de aloxamento spa&relax no Talaso Atlántico de Baiona. O sorteo será o día 14 a partir das 20:30h na Pastelería La Creme situada na Rúa Rosalía de Castro.