Carlos Velo 2, 1º andar · 32500 O Carballiño 988530011 carballinocca@gmail.com comerciocarballino.org

FEIRA DE OPORTUNIDADES

Creado por Webmaster / 3 Marzo, 2016 / novas / Comentarios desactivados

Durante os días 11, 12 e 13 de marzo celebrarase na Praza do Emigrante, a II edición da Feira do Stock de Inverno que realiza a asociación Carballiño-Centro Comercial Aberto.
 CARTAZ
Este ano a mostra, presenta grandes ofertas de varios sectores:
  1. Prendas infantís como Contos, Píkaros, Duende e Endebén Mundo Infantil
  2. Prendas de adultos contamos coa presenza de B-Jeans 8, Aura Modas e El Desván de Mía e Rembrandt
  3. Calzado estará representado por Castaño e Pasiños
  4. Complementos con Uno de Cada by Quintana
  5. Lencería de La Moderna
  6. Artigos Gourmet representada por El Jamonar

 

Todas estas ofertas estarán acompañadas da posibilidade de gañar premios directos no momento de efectuar as compras, así, cos importes superiores a 10€, entréganse boletos sorpresa. Entre os premios haberá bolsas reutilizables, vales de compra directa no stock, artigos tecnolóxicos, lotes de viño, lotes gourmet, descontos e promocións en tendas.