Carlos Velo 2, 1º andar · 32500 O Carballiño 988530011 carballinocca@gmail.com comerciocarballino.org

CURSO FORMACIÓN

Creado por Webmaster / 30 Abril, 2015 / Home @es, novas / Comentarios desactivados

cca

Dende O Carballiño-CCA abordamos tamén o ámbito referido á formación; potenciando a reciclaxe dos comerciantes da vila e apostando pola creación de novos perfís profesionais. Contribuímos ao acceso á formación de persoas traballadoras autónomas, empregadas do réxime xeral ou na busca de emprego, apostando por ofrecer contidos de calidade non só teóricos, senón cunha importante dotación prática para poder aplicar os coñecementos no lugar de traballo de xeito instantáneo.

Un grupo de 15 alumnos iniciará mañá martes 05  de maio o curso, que finaliza o vindeiro 30 de xuño.

Impartirase os martes en horario de 16:00 a 22:00 na aula de formación situada no edificio sindical, no que asisten tamén 10 demandantes de emprego con interese en profundizar os seus coñecementos no interesante mundo das técnicas comerciais e de vendas, da man dun grupo de docentes profesionais con dilatada experiencia no sector retail.