Carlos Velo 2, 1º andar · 32500 O Carballiño 988530011 carballinocca@gmail.com comerciocarballino.org
  1. Antecedentes-CCA

Segundo o Instituto Galego de Estatística, no ano 2013, no Carballiño estímase unha poboación de 14.335 habitantes.

Dende o ano 2010, somos oficialmente Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, pasando, de ser un apéndice da Asociación Comarcal de Empresarios, a ser un colectivo con identidade propia e marca propia.

Ademais destacamos outros aspectos que consideramos relevantes para un óptimo funcionamento do tecido comercial e empresarial que representamos:

  1. Contamos cunha unidade xerencial que deseña, tramita, supervisa e avalía tódalas actividades relacionadas directamente cos asociados.
  2. Ofrecemos ao público, a través da nosa páxina web, comerciocarballino.org,  e mesmo dende os demais perfís creados en redes sociais xenéricas e específicas,  información actualizada de tódolos establecementos asociados, ofrecendo información sobre a súa actividade e situación.
  3. Ao longo de todo o ano, ofertamos a nivel comarcal, e mesmo provincial,  a gran oferta comercial, de servizos e ocio, que o CCA ofrece á súa clientela.
  4. Organizamos xornadas e charlas informativas dirixidas aos nosos asociados para mantelos continuamente informados das novas que poidan ser do seu interese relativas ao sector comercio e servizos.
  5. Informamos periodicamente a tódolos nosos soci@s de tódalas subvencións e axudas das administracións e demais organismos que poidan beneficialos.
  6. Levamos a cabo numerosas colaboracións co Concello do Carballiño, a través das cales consolidamos a nosa presenza tanto a nivel local como comarcal.

O grao de concentración comercial na vila é alto, o que permite á clientela un amplo abano de posibilidades nun espazo facilmente accesible,  particularmente nas seguintes rúas:

Rosalía de Castro, Tomás Mª Mosquera, Curros Enríquez, Julio Rodríguez Soto, Alameda, Martínez Avellanosa, Perfectino Vieitez, Marcelino Parrondo, Ribeiro, Cesáreo Tizón, Liborianos, Praza do Emigrante, Centro Galego en Bos Aires, Aldara, Carme, Calvo Sotelo, Cánovas del Castillo e Emilia Pardo Bazán.

 

  1. Obxectivos Xerais

 Este ano, celebramos o 5º aniversario de constitución do CCA e por tal motivo deseñamos unha campaña especial de concienciación asociativa e declarando a nosa responsabilidade social tanto de cara ao noso gremio de comerciantes coma co Carballiño.

Dende o ano 2013 traballamos na consecución de cada un dos obxectivos plantexados na parte superior, pero este ano engadimos con maior forza,  buscando a mellora dos estándares de calidade da marca CCA, potenciar valores como CALIDADE, PROXIMIDADE e PROFESIONALIDADE.

Dende marzo de 2013, no que se realizou un cambio de xerente, e aínda que atravesamos unha delicada coxuntura económica que se traduce nunha baixada do consumo na vila, que se fai aínda máis palpable dende finais de 2013 e durante todo o 2014; a asociación Carballiño-Centro Comercial Aberto segue gañando asociados pasando aos 80 comercios CCA actuais, debido a que un maior número de comerciantes valoran a unión e o traballo en equipo como un punto importante á hora de cambiar a imaxe de Carballiño converténdoo en centro de compras con identidade propia, no que se premia o consumo; apoiándose estes no feito da oferta variada de actividades deseñadas e o premio que nos concedeu o Polígono Virtual de Galicia, o pasado 11 de decembro, como ASOCIACIÓN MÁIS ACTIVA.

 

 

Obxectivos

  • Manter relacións institucionais : Concello, Deputación, Cámara, Federación Galega de Comercio, Confederación Empresarial de Ourense, entidades colaboradoras e demais entidades asociativas e empresariais, tanto a nivel comarcal, provincial e/ou autonómico.
  •       · Informar e asesorar a asociados, distribuír o material corporativo, tramitar subvencións, negociar con provedores, captar novos socios.
  • Planificar e coordinar as accións promocionais e de fidelización, campañas comerciais e de difusión.
  • Difundir entre os medios de comunicación as actividades do CCA.
  • Propoñer  acordos de colaboración.
  •        ii.                        DINAMIZACIÓN DO PORTAL WEB DO CCA

 Descrición

Tendo en conta que as novas tecnoloxías están en constante cambio, ofrecendo novas posibilidades con carácter permanente, o CCA considera necesario abordar un proceso de modificación da actualización da páxina web.

Sen dúbida, os hábitos dos consumidores cambiaron radicalmente nos últimos anos. Os hábitos de relacionarse mudaron cara á web e nestes momentos, é preciso contactar co cliente aplicando outras estratexias que o animen a visitar os establecementos comerciais e dando a posibilidade de estudar dende os novos dispositivos (PDAs, smartphones, portátiles) a funcionalidade das organizacións que traballan en prol do comercio local.

Conscientes desta realidade, o CCA promoverá o cambio da súa páxina web.

 

Obxectivos

  • Posicionar ao comercio de O Carballiño na vanguarda tecnolóxica comercial.
  • Dinamizar e revitalizar o comercio da vila.
  • Avogar por un medio de difusión da información sen custos ambientais.
  • Potenciar o noso marketing online

 

Estatutos.pdf